En infantil aproveitamos para coñecer mellor os produtos do mar, en concreto os peixes. Como se desprazan? Teñen ollos e boca? Para que serven as aletas?
Debido ao protocolo tivemos que facer grupos separados. O alumnado de infantil e 1º de primaria tamén disfrutaron moito coas diferentes actividades e degustaron o fabuloso bocata que nos ofreceron os de Marexada.
O pasado martes 19 de abril todo o alumnado e profesorado do centro puidemos disfrutar duns deliciosos obradoiros onde descubrimos que os produtos do mar que atopamos en conserva os podemos xantar, merendar ou cear!!
O alumnado de primaria tamén aprendeu a ler as etiquetas e a información dos envases e decidimos crear os nosos, inventando unha marca e facendo cada un o envase da súa conserva preferida.
Comentarios
Publicar un comentario