Entradas

Collages mariños

Imagen
 Despois de utilizar as caixas das conservas para aprender a buscar ingredientes, peso, data de consumo preferente... Reutilizámolas para elaborar uns divertidos collages mariños! Houbo quen fixo peixes, tamén mexilóns, cangrexos ou polbos.  Quedaron unhas figuras moi xeitosas!!

E como son os peixes?

Imagen
En infantil aproveitamos para coñecer mellor os produtos do mar, en concreto os peixes. Como se desprazan? Teñen ollos e boca? Para que serven as aletas?

Etiquetando

Imagen
 O alumnado de primaria tamén aprendeu a ler as etiquetas e a información dos envases e decidimos crear os nosos, inventando unha marca e facendo cada un o envase da súa conserva preferida.

Que hai nas latas?

Imagen
  Tivemos os envases nas mans e aprendemos a buscar os ingredientes, a data de consumo preferente, o peso... Con estas fichas tan interesantes o alumnado de infantil xa sabe o que vai comer cando abra cada unha, e non só pola foto da caixa!!!

Actividades cos envases

Imagen
      Os envases dannos moita información e debemos aprender a identificala para así ser conscientes do que consumimos.       O primeiro foi traer envases da casa e buscar os ingredientes, o peso, a data de caducidade, etc       Nas nosas casas hai gustos moi diversos así que foi divertido ver o que lles gusta ás familias dos nosos compañeiros e compañeiras!

Obradoiros nutritivos infantil e 1ºEP

Imagen
  Debido ao protocolo tivemos que facer grupos separados. O alumnado de infantil e 1º de primaria tamén disfrutaron moito coas diferentes actividades e degustaron o fabuloso bocata que nos ofreceron os de Marexada.